Como saberás nestes días estase a traballar no Ministerio na revisión do Estatuto marco, que é o marco lexislativo de todo o persoal estatutario do estado. Tamén saberás que nas últimas semanas, coñecíamos un borrador, que segue sen presentar as modificación que, no momento actual, a nosa profesión precisa.
Por elo, e para poder defender os teus dereitos e os de todos os facultativos, necesitamos coñecer o teu parecer sobre este borrador e cales son as modificacións que consideras necesarias. Para acadalo, achegamos una enquisa que foi deseñada a nivel nacional por APEMYF (Agrupación de Profesionales por un Estatuto médico y Facultativo), a que O’MEGA, xunto con SIMEGA, formamos parte.
Moitas grazas polo teu tempo, !Xuntos máis fortes!